Actualidade

Gallaecia Biliguis critica que a mocidade de Lucus non saiba un latín correcto


Todo comezou cando un grupo de mozos fixo unha pintada na muralla de Lugo para protestar pola ocupación romana.

Segundo informou a garda do centurión romano, un grupo de mozos celtas militantes da formación nacionalista Nova Gallaecia foron detidos despois de que fixeran unha pintada na muralla de Lucus Augusti. A patrulla policial observou que escribiran Romanes eunt domus na fachada sur da muralla o que foi motivo de reprimenda pola baixa calidade do latín usado. “Gente llamada romanos ir la casa?”, preguntaron inquisitivamente aos mozos mentres lle tiraban das orellas. Foi nese momento cando a brigada obrigou a corrixir a pintada e a castigalos a escribir cen veces a frase correcta Romani ite domum. O que considerou suficiente castigo xa que os mozos fixeran, ao lado, outra pintada coa palabra “Indepentia” seguramente produto ou ben da dislexia ou da hidromel con tónica que tomaran.

Estes feitos motivaron que a asociación latina supremacista Gallaecia Bilinguis indicara nun comunicado que a mocidade de Lucus Augusti ten un baixo nivel de latín debido ao ensino de línguas bárbaras como a celta e as linguas de pobos xermánicos.

“Los niños de Lugo están perdiendo la costumbre de escribir en latín porque les enseñan las matemáticas en celta y claro, después, no declinan bien”, indicou a voceira da asociación Gloria Lacus.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.