Ao grito de “Medre o mar! Hai Marea” o alcalde fará subir as augas e inundará Riazor ás tres da mañá.
O grupo do Partido Popular no Concello da Coruña acaba de emitir un comunicado no que indica que a Marea Atlántica trata de cargarse o San Xoán. Segundo explican Xulio Ferreiro contratou unha marea viva para impedir que os veciños do concello herculino poidan desfrutar da noite do 23 de xuño. “Nosotros no solemos defender jipis ni botellones pero si hai marea eso es cosa de Xulio Ferreiro y debemos criticarlo”, apuntan fontes próximas aos conservadores coruñeses.
Ás críticas emitidas polo PP sumáronse tamén voces provintes da Asociación de Viúvas de Lugo acusaron de blasfemia ao alcalde e á corporación. “Utilizan algún tipo de brujería o hechicería hereje para hacer subir las aguas. Algo que solo corresponde a Moisés o a Dios o, si acaso, a Paco Vázquez que para eso estuvo en el Vaticano”, declaran.