Milleiros de persoas festexan a volta de Cristo no Resurrection Fest


A vila de Viveiro acolle nesta fin de semana unha das maiores concentracións católicas de europa.

ob_4c01e8_resurrection-fest-201503.jpg
Asistentes durante a misa de 12h o ano pasado.

Un ano máis Viveiro convírtese no epicentro do catolicismo en Galiza e Europa, na súa XII edición, o ResurrectionFest proclama a boa nova da volta de Cristo entre nós.

Aínda que afastada das tradicionais datas de Semana Santa, onde os católicos conmemoran a resurrección do Señor, a mariña lucense festexa enérxicamente a efeméride e vaticinan a chegada de máis de 80.000 persoas a Viveiro para compartir e alabar a Deus en conxunto.

Os feligreses acampados na festa terán a oportunidade de confesarse cos centos de curas que o concello porá á súa disposición no recinto.

Do mesmo xeito serán moitas as bandas de música eucarística que partiparán do evento, desde onde se anima a todos os públicos a pasar pola Mariña a desfrutar do bó ambiente.

Haberá rezo de rosarios todas as tardes as 20h acompañados do Noso Pai e a comunión consagrada para quen así o desexe.431817633_187789

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.