Política

Xulio Ferreiro asegura que non xogaba a Candy Crush senón a Clash Royale


O alcalde coruñés foi pillado en plena partida durante o discurso da voceira de Unidas Podemos, Irene Montero, durante a moción de censura a Rajoy.

iago

Iago Martínez botando unha partida de Clash Royale desde o móbil de Ferreiro, mentres este toma anotacións

Xulio Ferreiro, ou Ksulio para os compiyoguis madrileños, afirmaba na tarde de onte que non se trataba do xogo móbil Candy Crush o que figuraba no seu terminal durante o discurso de Irene Montero no Congreso, tal e como se aprecia nunha imaxe difundida nas redes sociais, senón que se trataba dunha pantalla de publicidade, anunciando esta app, sendo en realidade o xogo Clash Royale.

Xulio aeguraba tamén que non é un caso comparábel ao da entón presidenta da mesa do Congreso, Celia Villalobos, que no seu momento e durante o desenrolo dunha sesión plenaria fora fotografiada xogando ao xogo das boliñas. En palabras de Ferreiro, Candy Crush é un xogo moi de 2013, e pasado de moda, o que el tiña entre mans tratábase dun dos xogos máis descargados na actualidade, Clash Royale, un xogo de batallas e estratexia baseado no universo de Clash of Clans. O alcalde da Coruña explicou que, nun intento de conseguir moedas e xemas, estaba a ver publicidade do xogo, para así poder subir os seus esbirros a nivel 10.

Filtracións a TemposGalegos aseguran que Ksulio conta incluso cun mod no xogo que lle permite usar a Iagos Martínez no seu xogo no canto dos propios esbirros e de aí o seu interese en subilos de nivel. Tamén se desvelou que, en contra do esperado, o alcalde do cambio non comparte clan con outros membros de EnMarea, senón que xoga nun chamado “CiudadanismoRupturista” no que tamén se atopan membros de Ourense en Común, da Marea Atlántica e incluso membros de Podemos como Antón Gomez-Reino, voceiro de EnMarea no Congreso.

Desde a Coordinadora de EnMarea non confirman estes datos e limítanse a asegurar que se manteñen fieis ao clan, e que traballan para que emerxan máis clans nos diferentes territorios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.