Sociedade

Urdangarín apúntase no Inem para atopar un traballo de duque


Iñaqui Urdangarín pasa a engrosar as listas do paro mentres o servizo público de emprego lle atopa un novo traballo de duque.

Segundo trascendeu na tarde de onte o marido da infanta Cristina está a ter dificultades para ter traballo e incluso está pensando en deixar de buscalo pero, segundo comentan confidenciais, vai queimar un último cartucho apuntándose no Inem para que o servizo de emprego lle atope un traballo de duque.

Fontes próximas ao Inem indican que xa comezaron a busca de emprego para Urdangarín e están xestionando un contrato para un posible anuncio da marca de tabaco “Ducados”, un papel protagonista nunha nova versión da serie “Sin tetas no hay paraíso” ou incluso teñen unha oferta para que traballe como modelo de cadros para un pintor que está reinterpretando pinturas de Goya.

Mentres non se fragua a obtención dun novo emprego de duque para Iñaqui Urdangarín o Inem diseñaralle un itinerario formativo para reciclarse na súa profesión e por iso recomendaralle que se apunte ao novo curso que lle ofreceran “Duque: Actualización. Giro de muñeca para saludar, manos quietas para no mangar”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.