Actualidade

O Sáhara en alerta laranxa por unha vaga de vento de Ourense


Os campamentos de Smara en Tinduf poderían ser evacuados ao non estar preparados para semellantes temperaturas.

O Goberno da RASD(República Árabe Saharaui Democrática) vén de emitir un comunicado no que aconsellan a población non saír das súas tendas, ou en caso inevitable facelo extremando as precaucións.

A vaga de calor procedente de aire ourensán incidirá polo norte dos terreos dominados polo Frente Polisario e avanzará por toda a RASD no que se prevén dúas xornadas de calor endexamáis vividas neste territorio.

Varias son as áreas que poderían ser evacuadas, concretamente na provincia de Tinduf, debido ás previsións térmicas. Mentres tanto o Goberno Español baralla o xeito de enviar axuda humanitaria á rexión, concretamente, dúas toneladas de xeo, pero polo de agora non conseguiron transportalo sen que se lles derretese polo camiño.

Son moitas as ourensás que recomendan aos saharauis paliar a calor dirixindose á súa zona equivalente a Barra de Miño, mentres que outras consideran que o Sáhara non pode distar moito do que é Samil, aínda que ben é certo que a poboación ourensá en Samil pode multiplicar por 100 a de todas as habitantes do RASD.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s