Política

En Marea instalará detectores de metais no seu plenario


A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten.

O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis oficial de Anova, sectores de Podemos e Esquerda Unida de Yolanda Díaz lanzan contra Luis Villares e a súa coordinadora.

Nos últimos días temos visto que o nivel de violencia verbal está subindo nas redes e, para previr incidentes como as patadas que se viron na asemblea de Anova na que saiu elixido voceiro Antón Sánchez, o grupo de traballo encargado de organizar o plenario vai propoñer a instalación de detectores de metais para evitar que se introduzan no recinto do Pazo de Congresos armas de fogo, armas brancas e puños americanos.

“A nova política non entende de armas… se acaso de patadas nos cadrís”, comentan fontes próximas á organización.

As reaccións non se fixeron esperar e dende a ‘Recuperar En Marea” xa indicaron que a adopción destas medidas demostra que “os que arroupan a Villares están a favor da represión e do estado policial”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.