Eloina Núñez, xerente do Complexo Hospitalario de Ourense anunciou hoxe que a lista de espera para recibir un balazo. O promedio de espera para un tiroteo no CHUOU alcalza os 70 días. A Consellería de Sanidade xa se puxo mans a obra para solucionalo e está a tratar de privatizar o servizo. Deste xeito aos integrantes…
Categoría: Sucesos
Danlle unha malleira a uns urbanitas por deixar as beiras da empanada
Na tarde de onte un grupo de persoas estaban a comer empanada nun local da vila pontevedresa de Bandeira, famosa polas súas empanadas, cando no momento de pagar o dono deuse conta de que os mozos non comeran os corroscos da empanada e convidounos a rematala. Foi nese momento no que comezou a escaramuza ao responder,…
Fidel Castro quédase co billete dun billón de dólares que levou Obama a Cuba
O presidente estadounidense levaba o billete para pagarse uns mojitos e algunha tapa típica. Obama é o primeiro presidente dos USA que visita a illa dende os anos vinte. Dado o momento histórico o presidente dos Estados Unidos decidiu coller o famoso billete impreso pola Reserva Federal para levar algo solto á illa e así poder…
Un cargo do PP ingresado tras pisar o seu propio morro e caer de fociños
Segundo informaron os servizos de urxencias que se achegaron ao lugar do accidente as lesións non revisten gravidade pois aterrou coa cara. Un cargo do Partido Popular foi ingresado no día de onte despois de pisar o seu propio morro e provocar que tropezara e fose de fuciños contra o chan. Os servizos de urxencia que…
Un Don Juan con acento galego fode a todas as nais dos redactores de JotDown
Un galego descoñecido demostroulle de xeito práctico, ao Community Manager do magazine español, que con acento galego pódese ser un Don Juan. Segundo contan testemuñas presenciais utilizou a tenrura e o riquiñismo que lles provoca aos españois o sotaque galego para engatusar a todas as nais dos redactores e así despexar as dúbidas que amosara…
Tres individuos procedentes de Oriente Medio planean entrar nos domicilios galegos
Unha banda capitaneada por tres persoas, con barba e turbante, acompañados dun número sen especificar de axudantes tratarán de entrar nas casas galegas hoxe pola noite. Rumores fundados indican que están emparentados coas monarquías de oriente medio o que fixo saltar as alarmas antiterroristas. Segundo parece antes de proceder a entrar nas casas procederán a repartir…
A Fiscalía de Ourense soamente acusará aos Baltar cando se xubilen
Arquivaránse todas as actuacións da familia Baltar que sexan supostamente delictivas ata que o responsable das mesmas estea xubilado. A fiscalía anunciou o arquivo das dilixencias penais contra Manuel Baltar ao non apreciar delicto no caso da oferta de traballo na Deputación de Ourense a cambio de sexo. Para evitar que casos coma estes se…
Militante do BNG conflúe cun de Anova nun ascensor
Ambos serán expedientados polas súas formacións. O feito produciuse no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña onde ían facer trámites. Segundo contan testemuñas presenciais non se coñecían de antes e incluso falaron do tempo durante o traxecto que os levaba á segunda planta do edificio. As dúas organizacións amosaron a súa preocupación polo…
Beiras baixa do Monte Pindo coas táboas da lei da unidade da esquerda
O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, atopábase de retiro espiritual no Monte Pindo escribindo o discurso para o próximo 25 de xullo. Un discurso que foi gravado en pedra, polos dous lados, e que pola súa importancia foi titulado como ‘Lei da Unidade da Esquerda’. Segundo afirman fontes presenciais cando baixou do monte atopou os…
O PP contratará ao ‘Señor Lobo’ para desfacerse dos seus cadáveres políticos
‘Non empecemos a chuparnos as pirolas aínda’, dixo o Señor Lobo antes de proceder a limpeza despois da desfeita popular nas municipais e autonómicas. No Partido Popular están dispostos a soltar lastre e vano facer profesionalmente. Segundo fontes próximas ao partido, os populares van recorrer a un profesional cualificado para desfacerse de todos os cadáveres…
Rajoy utilizará unha machada se non lle abres a porta
O Partido Popular puxo en marcha unha campaña na que Mariano Rajoy irá, porta por porta, agradecéndolle a cidadanía a súa paciencia. ‘Vamos a agradecerles que nos votaran’, di un representante da nova campaña do PP, ‘pero muchos no nos abren la puerta y no sabemos por qué’. Tamén amosaron preocupación pola situación económica. Din…
A Garda Civil desarticula unha banda de veganos que planeaba rebentar unha matanza en Becerreá
A banda de veganos dispoñía de planos e pensaba asaltar diferentes casas do rural para ceivar aos porcos antes da súa transición a alimento. Nunha macroredada organizada en diferentes pisos de Lugo e Monforte, os corpos de seguridade do Estado detiveron a un total de 10 veganos, considerados os cabecillas da trama. Na operación secreta,…
