Sucesos

Tres individuos procedentes de Oriente Medio planean entrar nos domicilios galegos


Unha banda capitaneada por tres persoas, con barba e turbante, acompañados dun número sen especificar de axudantes tratarán de entrar nas casas galegas hoxe pola noite.

Rumores fundados indican que están emparentados coas monarquías de oriente medio o que fixo saltar as alarmas antiterroristas.

Baltasar, Melchor e Gaspar son os alias usados polos sospeitosos

Baltasar, Melchor e Gaspar son os alias usados polos sospeitosos. Na imaxe tamén aparece un axudante que podería estar emparentado con Emiliano García-Page

Segundo parece antes de proceder a entrar nas casas procederán a repartir caramelos e lambonadas polo centro das cidades. Non se sabe moito das intencións que teñen con este pero, fontes deste xornal, indicaron que foron traídos por camellos polo que a poboación debe extremar as precaucións antes de comer calquera lambonada que sexa repartida por un extraño.

A mesma rumoroloxía indican que uns dos obxectivos principais dos allanamentos serán os nenos na casa, se ben se descarta que teñan malas intención ao non atoparse ningún sacerdote católico entre os integrantes da banda.

Outros países xa sufriron a súa chegada e confírmase que están a deixar paquetes sospeitosos nos domicilios. As autoridades antiterroristas advertiron que, se tal circunstancia se produce, sexan avisados inmediatamente os Tedax para proceder a comprobar o bulto sospeitoso e, se é o caso, proceder a unha detonación preventiva controlada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s