Sucesos

Un cargo do PP ingresado tras pisar o seu propio morro e caer de fociños


Segundo informaron os servizos de urxencias que se achegaron ao lugar do accidente as lesións non revisten gravidade pois aterrou coa cara.

cara de cemento dura

O alto cargo nunha fotografía anterior ao accidente

Un cargo do Partido Popular foi ingresado no día de onte despois de pisar o seu propio morro e provocar que tropezara e fose de fuciños contra o chan. Os servizos de urxencia que acudiron ao lugar dos feitos informaron aos medios de que as lesións non revisten gravidade xa que ‘o accidentado caeu de cara e esta foi a que absorveu todo o golpe. O parte médico indica que non sufriu nen sequera un rasguño na súa faciana e que o motivo do ingreso era para descartar que as vibracións ocasinadas polo golpe non causasen ningunha lesión cerebral.

Os servizos de mantemento viario do concello informaron que os danos na beirarrúa ascenderon a 3000 euros. ‘Foi mala sorte. Deu con toda a cara na intersección de tres louxas de pedra do casco vello e partiu as tres. Agora hai que substituílas e iso vai requirir un traballo de canteiría fina’, declararon.

O concello, gobernado polo mesmo partido, licitará mañá mesmo o arranxo. Segundo informaron a contratación será por adxudicación directa a unha empresa dun coñecido presidente dun clube de fútbol. O montante da licitación será de 3300 euros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.