Sucesos

O PP contratará ao ‘Señor Lobo’ para desfacerse dos seus cadáveres políticos


‘Non empecemos a chuparnos as pirolas aínda’, dixo o Señor Lobo antes de proceder a limpeza despois da desfeita popular nas municipais e autonómicas. No Partido Popular están dispostos a soltar lastre e vano facer profesionalmente.

Segundo fontes próximas ao partido, os populares van recorrer a un profesional cualificado para desfacerse de todos os cadáveres políticos que deixaron estas eleccións municipais e autonómicas. Deste xeito anunciaron a contratación do mellor de todos: o Señor Lobo. Agardan que con esta elección poidan pasar desapercibida a desaparición de Negreira, Agustín Hernández, Elena Muñoz e moitos outros que foron varridos nos seus respectivos concellos.

Descoñécense os honorarios que cobrará o Señor Lobo ante tan inmenso traballo pero a suposición no partido é que non vai ser barato. ‘Hay quien piensa que esto puede salir de una de esas cuentas que tenemos pero que en realidad no tenemos’, comentou un becario. Tentamos voltar a poñernos en contacto con el para que nos ampliara a información pero foinos imposible.

As nosas fontes indican tamén que a limpeza de cadáveres políticos tamén se vai estender ao Estado e incluso que vai afectar á secretaria xeral do PP, Mª Dolores de Cospedal, que podería ser substituída por Alberto Núñez Feijoo.

Fontes non oficiais confirman a presencia do Señor Lobo en Madrid. Segundo parece está a ter dificultades con Esperanza Aguirre, Ana Botella e José María Aznar; o que faría subir aínda máis a minuta do afamado limpador. ‘Hai muchos que no se quieren dejar limpiar’, explican dende a executiva do PP.

En calquera caso, dende o PP, auguran que a operación vai ser un éxito a pesar de que, o Señor Lobo dixo, en presencia de Feijoo e Rajoy, ‘Non empecemos a chuparnos as pirolas aínda’

“Non empecemos a chuparnos as pirolas aínda”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.