Sucesos / Uncategorized

Rajoy utilizará unha machada se non lle abres a porta


O Partido Popular puxo en marcha unha campaña na que Mariano Rajoy irá, porta por porta, agradecéndolle a cidadanía a súa paciencia.

‘Vamos a agradecerles que nos votaran’, di un representante da nova campaña do PP, ‘pero muchos no nos abren la puerta y no sabemos por qué’.

Tamén amosaron preocupación pola situación económica. Din darse conta que a xente está nunha situación precaria e que se están a decatar agora que van porta por porta. ‘La gente no tiene mayordomo. Abren ellos mismos la puerta’, comentan dende a dirección do Partido Popular. ‘Nos estamos dando cuenta que la situación de la nación española, única e indivisible, no es tan buena como creíamos’.

Avanzaron tamén que a súa vontade de darlle as grazas a todo o mundo ‘es firme’ e anunciaron que ‘la vamos a llevar a cabo hasta sus últimas consecuencias’. Deste xeito se algúen non quere abrir a porta van levar unha machada para entrar polas bravas. ‘Esto no le tiene que extrañar a nadie. Es por una buena razón’, comentan.

Noutra orde de cousas, un deputado do PP xa anunciou que pedirá a compatibilidade para montar unha fábrica de portas.

rajoy o resplandor

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.