Ambos serán expedientados polas súas formacións.
O feito produciuse no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña onde ían facer trámites. Segundo contan testemuñas presenciais non se coñecían de antes e incluso falaron do tempo durante o traxecto que os levaba á segunda planta do edificio.
As dúas organizacións amosaron a súa preocupación polo encontro e anunciaron que van a abrir expedientes informativos. Mentres o asuntos non se aclara as dúas persoas foron suspendidas de militancia nos seus partidos por iniciar conversas que non estaban aprobadas polos seus respectivos órganos de dirección.
Fontes próximas a Paco Rodríguez apuntan que ‘Puido ser moito pior. Imaxínense que houbera un da Marea Atlántica tamén no ascensor. Non mo quero nin imaxinar…’. Pola súa banda fontes próximas a Anova indican que ‘O preacordo político que asinamos con Podemos e EU non permite compartir ascensor con calquera primeiro hai que mirar se forma parte da cidadanía’.
O noso medio púxose en contacto cun dos protagonistas, militante de Anova, que comentou que ‘Non sei, parecía unha persoa normal, non parecía do Bloque’. Por outra banda, contactado o militante do BNG declarou que ‘Non me imaxinei que podería ser de Anova xa que non levaba a camiseta da selección española’.