O presidente estadounidense levaba o billete para pagarse uns mojitos e algunha tapa típica.
Obama é o primeiro presidente dos USA que visita a illa dende os anos vinte. Dado o momento histórico o presidente dos Estados Unidos decidiu coller o famoso billete impreso pola Reserva Federal para levar algo solto á illa e así poder pagarse uns mojitos e algunha tapa; cousa que non conseguiu porque ningún establecemento tiña cambio. Fontes da comitiva indican que Obama esbozaba un sorriso cada vez que lle tocaba pagar unha ronda e sacaba o famoso billete.
Posteriormente reuniuse con Raúl Castro ao que lle formulou a incómoda pregunta de se había presos políticos en Cuba. Segundo a prensa, Raúl Castro, solicitou incomodado unha lista de presos políticos para liberalos. O que non transcendeu nos medios é que Raúl Castro se refería aos presos que estaban en Guantánamo xa que non figuran en ningún tipo de rexistro.
Segundo transcendeu Obama tamén mantivo unha xuntanza discreta con Fidel Castro e foi durante a charla informal cando Obama lle ensinou o billete dun billón de dólares momento no que Fidel pediullo para miralo. Obama, receloso, díxolle que ‘mirar con los ojos no con las manos’ ao que Fidel replicou ‘pero agora somos amigos’ polo que Obama accedeu a darlle o billete. Cando o presidente estadounidense solicitou o billete Fidel respondeu ‘Devolverlle que?’.