Na tarde de onte un grupo de persoas estaban a comer empanada nun local da vila pontevedresa de Bandeira, famosa polas súas empanadas, cando no momento de pagar o dono deuse conta de que os mozos non comeran os corroscos da empanada e convidounos a rematala.
Foi nese momento no que comezou a escaramuza ao responder, os clientes, que iso non era para comer momento no que outros clientes autóctonos indicaron que a beira era ‘a mellor parte da empanada’. Deste xeito comezou unha discusión que pouco a pouco foi subindo de tono ata que acabou nas mans.
Tres dos clientes foráneos foron atendidos por contusións e un deles por unha ferida inciso-contusa provocada por un corrosco da empanada obxecto da discusión que acabou clavada nun cadril.
‘Comeron as empanadas como se foran unha pizza desas do Telepizza. Normal que lles quentaran as orellas’, declararon testemuñas presenciais.
Pola súa banda, un improvisado voceiro dos apalizados trataba de explicar a súa versión dos feitos: ‘Nosotros te somos de La Coruña, neno, y te somos del Podemos, no sabemos nada de esas cosas gallegas del rural. Vinimos aquí y estos orihundos nos querían hacer jalar hidratos de carbono de más. Te nos rebotamos y los quisimos a achantar. El Tony tiró de llullitsu pero vino un chorbo gordako que le metió con la mano del revés y lo tumbó. Te fue un infierno, incluso un aboriguen le quería petar el bul al Tony con el puñetero corrosco. Menos mal que se lo agarró con los riñones, chorbo, sinó lo sodomiza’.
a empanada estaria boa pero o corrosco tiña pinta de estar dudo