Un carteirista que soe operar na estación de autobuses de Santiago de Compostela fixo público na tarde de onte que o Partido Popular lle ven de negar a afiliación por “no dar el nivel”. O carteirista, que responde ao nome de Alberto F.N., indicou que tento cubrir unha ficha de afiliación ao PP pero cando … Seguir lendo
Category Archives: Sucesos
Xulio Ferreiro di que o tipo que el elixiu non foi ben elixido
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, di que en En Marea hai dous proxectos políticos, “O meu e o do resto”, indicou. A entrevista que Xulio Ferreiro concedeu á cadena de radio do grupo Prisa segue a levantar polémica no seo de En Marea despois de que o alcalde da Coruña se despacha contra o actual … Seguir lendo
O BNG comezará a xúa XVI asemblea cunha pelexa de Vale Tudo para non ser menos que Anova
O primeiro combate será entre un membro do Movemento Galego ao Socialismo e un asinante do Chamamento de Vidán. O Bloque Nacionalista Galego está máis que disposto a renovar a súa imaxe de cara a sociedade e para iso ten previsto incorporar elementos da chamada nova política nas súas teses organizativas. A primeira medida que … Seguir lendo
Atopan morta, en estrañas circunstancias, a Independencia Xudicial
Voceiros do Samur acaban de comparecer en rolda de prensa para comunicar o falecemento da Independencia Xudicial. Segundo comunicaron membros da unidade de emerxencias, Independencia Xudicial, unha muller de 57 anos, resultou ferida por un dos leóns do Congreso dos Deputados. Xa malferida, tratou de pedir axuda sen que obtivera resposta. Polo que parece proseguiu, … Seguir lendo
A policía detén a raíña Letizia tras queimar a Felipe VI cun cigarro
A casa real emitiu un comunicado para indicar que a raíña Letizia non fuma pero que, nese momento, atopábase sostendo un cigarro a unha amiga. A Casa Real trata de quitarlle ferro ao incidente no que resultou detida Letizia por queimar cun cigarro a Felipe VI. O incidente foi observado por un compoñente da garda … Seguir lendo
Detido por yihadista un galego que gritou ‘Alá foi!’ no metro de Madrid
Xosé Seoane Berzas, máis coñecido como O Kale polos seus amigos hipsters, foi detido por intento de atentado terrorista a pasada tarde. A policia tívoo detido ata escoitar a súa declaración do acontecido e deixalo en liberdade. O galego, nun evidente estado de confusión, tratou de explicar como sucederan os feitos. Eu só lle dixen … Seguir lendo
Unha señora de Ordes sementa o caos e dálle froitos
Xosefa C. Couso, de 71 anos e orixinaria de Ordes, sementou o caos a tempada pasada e actualmente está colleitando os primeiros froitos. Esta ordense decidiu plantar a semente que un veciño moi amablemente lle dera e logrou facer unha gran plantación. Converteuse así na envexa de todos os cidadáns, sementando así o caos, non … Seguir lendo
Ingresan un home por romperse a cadeira bailando twerking
Un home da Fonsagrada foi atendido onte de urxencia por unha múltiple rotura de cadeira mentres bailaba twerking cuns amigos e amigas. Este fin de semana foron un total de 12 persoas as ingresadas por lesións sufridas ao realizaren este baile de moda. O máis grave o de Alberto N. F. que foi trasladado de … Seguir lendo
Cóllese unha castaña no magosto e bótano ao lume
O rapaz foi mordido nunha nádega para evitar que estoupara. Un grupo de mozos estaba a celebrar un magosto no Montealegre en Ourense. Entre viño e licor café foron pasando a tarde pero houbo un que se pasou un chisco máis da conta co alcol e acabou cunha boa castaña. O resto dos amigo que … Seguir lendo
Un veciño de Nigrán trata de levar o Dinoseto para poñelo no xardín da súa casa
Un veciño de Nigrán desmontou o dinoseto para tratar de levalo para a súa casa e que así puidera adornar o seu xardín. Veciños da zona vella de Vigo denunciaron onte que un home estaba a desmontar o emblemático dinoseto e subíndoo por pezas a un camión. Alarmados pola situación avisaron á policía que se personou … Seguir lendo