Sucesos

O Hospital de Ourense anuncia que xa hai listas de espera para os tiroteos


Eloina Núñez, xerente do Complexo Hospitalario de Ourense anunciou hoxe que a lista de espera para recibir un balazo. O promedio de espera para un tiroteo no CHUOU alcalza os 70 días.

tiroteo

Un interino contratado para baixar as listas de espera do Sergas

A Consellería de Sanidade xa se puxo mans a obra para solucionalo e está a tratar de privatizar o servizo. Deste xeito aos integrantes das listas de agarda ofreceráselle unha solución privatizada e indican que xa se falou con varios alcaldes da raia para que fornezan a unha empresa mixta das armas de fogo necesarias para atender á demanda.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, anunciou tamén unha liña de axudas para quen queira recurrir a sicarios particulares e o exministro Mayor Oreja tamén ofreceu a súa empresa de escoltas para ofrecer o servizo e que así a xente “no tenga que soportar las infernales listas de espera de la sanidad pública”.

Pola súa banda o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, xa amosou a súa predisposición para a probar o plan: “Si conseguimos aumentar la frecuencia de los tiroteos las listas de espera mejorarán en todas las especialidades. Si este nuevo plan sale bien hasta podremos prescindir de los médicos. Los pondremos a disparar, salvo los que aleguen objeción de conciencia que no podrán disparar a mujeres que quieran abortar”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.