A cantante fará ademáis unha xira por toda España ónde recaudará diñeiro para Miami. Todo parece indicar que “Franco, Franco que tiene el culo blanco” será a versión elixida para a final da copa do Rei, no partido do Barça-Sevilla que se deputará o 21 de Abril no Wanda Metropolitano. A decisión chega após un…
Categoría: Actualidade
Atopan a un home disfrazado de muller no xoves de Comadres
A sorpresa foi maiúscula entre as asistentes a Comadres na vila de Verín. Milleiros de mulleres quedaron atónitas no día de onte ao descubriren que unha das persoas que se atopaban ao seu carón se trataba dun home ataviado con toupa e maquillaxe de muller. O xoves de comadres, a festa por antonomasia das mulleres…
Milleiros de galegos saen á rúa con lazos brancos en apoio a Sito Miñanco, preso político
Dende que se fixo pública a noticia da detención do presunto narcotraficante Sito Miñanco, as mobilizacións por todo o territorio galego deixáronse ver nas principais cidades e vilas do país. “Cada lugar ten os seus presos políticos. Sito é o noso Jordi particular” comentounos un dos asistentes á mobilización cidadá na capital galega. “Para mostrar…
Escándalo na industria vegana tras a visita de Jordi Évole a unha explotación de apio
O próximo Salvados denunciará malas prácticas no sector agrícola que teme un retraemento económico tras coñecerse os seus segredos. O sector da agricultura vegana está a tremer despois do anuncio da inminente emisión dun novo programa de Salvados no que o xornalista Jordi Évole analizará as sombras do sector vegano no estado Español. No programa…
A estatua dos redeiros de Vigo será substituída por un busto de Abel Caballero
O monumento ao traballo será eliminado da Gran Vía viguesa no vindeiro mes. O busto de 15 metros de altura será forxado en ouro e diamantes coa imaxe de Abel de cintura cara arriba e sustituirá un dos ítems máis representativos da cidade, o monumento ao traballo. A estatua, que representa a sete homes ben…
Perez de los Cobos: “Aiam Paco and ai espik englis verigud’
Pese a falar espanglish e franceñol o candidato do Goberno español ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos suspende en Europa. Perez de los Cobos tería contestado “Aiam Paco and ai espik englis verigud’ á pregunta sobre o seu nivel de Francés. Segundo se deu a coñecer ao comezo desta semana en diferentes medios, Perez de…
A orquestra Panorama incorporará unha brigada de desbroce con motoserras e un bulldozer
A súa función será a de facilitar a entrada do camión no campo da festa. As estreitas estradas e camiños rurais de Galicia dificultan a chegada da Panorama a moitos recunchos do país. Para paliar este problema, a coñecida orquestra incorporará nos próximos días unha brigada de desbroce que, armada con motoserras e incluso unha…
Ameazan con expulsar de OT a unha concursante galega por cantar no seu dialecto
A dirección do programa comunicou que está a valorar o sucedido e resolverá nos vindeiros días. Miriam, a coruñesa que ate o día de hoxe aínda se atopa dentro da casa de Operación Triunfo, podería ter o días contados se se confirma a penalización que a a dirección do centro estuda aplicar por usar un…
WhatsApp estuda se eliminar un emoji ante as críticas de fascista
A app de mensaxería recibiu no último ano máis de 100.000 ao respecto. WhatsApp, a aplicación de mensaxería líder en España e con gran implantación no resto do mundo acaba fe confirmar que se atopa estudando a posibilidade de retirar un dos emojis do seu código. Trataríase da muller/home co brazo en alto, que nos…
Fan a matanza léndolle ao porco artigos de Eduardo Inda
Segundo trascendeu no día de onte, unha familia do concello ourensán de Beade realizou durante a ponte a matanza. Ata aquí todo resultaría normal se non fora porque un asistente publicou nas redes sociais que se lle deu morte ao animal léndolle artigos de Eduardo Inda publicados en OK Diario e tamén de Blanco Valdés…
BurgerKing busca científicos do CERN para que repartan hamburguesas
A compañía americana aposta polos traballadores cualificados na súa última oferta de traballo. BurgerKing lanzou este luns as características que buscarán a partir de agora nas persoas que queiran traballar como repartidores na cadea de hamburgueserías. O xigante das hamburguesas busca un perfil cualificado e con estudos superiores, preferiblemente en enxeñaría, física ou matemáticas e…
Presentada oficialmente a papeleta para o referendo jallejo auto independente
A organización nacional DEPENDE (Dabate Electoral Pola Enquisa Normativa á Democrática Española) ven de anunciar a presentación dunha campaña por toda Galiza, norte de Portugal, Ribadeo e parte de Zamora a prol do dereito a decidir libremente. Esta plataforma con sede no Couto Mixto defende que xa levamos 40 anos de democracia participativa. Xa existe…
