A sorpresa foi maiúscula entre as asistentes a Comadres na vila de Verín.
Milleiros de mulleres quedaron atónitas no día de onte ao descubriren que unha das persoas que se atopaban ao seu carón se trataba dun home ataviado con toupa e maquillaxe de muller.
O xoves de comadres, a festa por antonomasia das mulleres galegas, e máis especialmente das ourensáns convertiuse nun espectáculo dantesco onde, polo menos un home, logrou pasar todas as barreiras e teitos de cristal para conseguir estar ao carón dos milleiros de mulleres que se daban cita en Verín.
Certo rebumbio, que rematou en gritos e empuxóns para botar fóra da vila ao home, desencadeou toda unha hola de preocupación sobre desde cando pode que haxa homes festexando este tradicional día feminino.
Foron moitas as mulleres que aseguraban non entender o porque desta actitude, que tildaron de machista, e afirmaron que non houbo unha soa muller o pasado xoves de compadres.