Dende que se fixo pública a noticia da detención do presunto narcotraficante Sito Miñanco, as mobilizacións por todo o territorio galego deixáronse ver nas principais cidades e vilas do país.
“Cada lugar ten os seus presos políticos. Sito é o noso Jordi particular” comentounos un dos asistentes á mobilización cidadá na capital galega. “Para mostrar o seu apoio e a confianza na súa inocencia, comezáronse a repartir lazos brancos entre os asistentes. Entre os berros de protesta que se podían escoitar ao longo destes días estaban “Sito Miñanco, preso político!”, como hai anos atrás.
Ata que se deixe en liberdade a Sito por parte “da xustiza, comandada polo Goberno Central,” segundo palabras doutro asistente, estas persoas continuarán saíndo á rúa acompañados dos lazos brancos.
Artigo enviado por Noel Alive: Facebook, Twitter