A app de mensaxería recibiu no último ano máis de 100.000 ao respecto.
WhatsApp, a aplicación de mensaxería líder en España e con gran implantación no resto do mundo acaba fe confirmar que se atopa estudando a posibilidade de retirar un dos emojis do seu código. Trataríase da muller/home co brazo en alto, que nos últimos tempos se está a converter en todo un símbolo das proclamas fascistas en España, e tamén das nazis en Alemaña.
Tan só no último ano WhatsApp contabilizou máis de 100 queixas sobre o emoji, das cales a meirande parte virían de cidadáns alemáns, e algunhas, aínda que moitas menos desde o Estado español.
A compañía asegura, que se ben en España o “emoji fascista” é rendíbel en termos uso/queixas, o feito de que un país como Alemaña esté pondo o grito no ceo por este meco fai que se incrementen as posibilidades de desterralo dos nosos smartphones, porén esta decisión non será tomada antes de mediados de 2018.