A cantante fará ademáis unha xira por toda España ónde recaudará diñeiro para Miami.
Todo parece indicar que “Franco, Franco que tiene el culo blanco” será a versión elixida para a final da copa do Rei, no partido do Barça-Sevilla que se deputará o 21 de Abril no Wanda Metropolitano.
A decisión chega após un intenso debate a través das redes sociais, principalmente Facebook e Twitter, ónde tamén se valorou cantar unha versión da Macarena a capela, a manida “Cara el Sol” ou o clásico “a por ellos oe”.
Finalmente a balanza inclinouse cara a versión de Franco e a Raíña Sofía, cómo xeito de arroupar ó rei Felipe VI e ó resto da casa real nos momentos críticos durante a xa tradicional pitada ó himno.
Desde a Real Federación Española de Fútbol esperan que coa interpretación do himno coa letra popular, toda a xente que acuda ao estadio se arranque a cantala esquivando así as sonoras pitadas dos últimos anos.
Tralo éxito acadado, a cantante coruñesa realizará unha xira por todo o estado español cantando diferentes versións do himno. A recadación na súa integridade irá a parar ás contas de Marta no paraíso fiscal de Miami. Esta proposta entusiasmou a moitas figuras da actualidade política, entre elas ó presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o líder de Ciudadanos, Albert Rivera e a diferentes persoeiros como Rosa Díez ou Esteban González Pons.
A continuación podedes deleitarvos coa interpretación de “Franco Franco que tiene el culo blanco” de Marta Sánchez.
Partome convosco
Boiiiiisimo!!!!!!
https://polldaddy.com/js/rating/rating.js