Pese a falar espanglish e franceñol o candidato do Goberno español ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos suspende en Europa.
Perez de los Cobos tería contestado “Aiam Paco and ai espik englis verigud’ á pregunta sobre o seu nivel de Francés.
Segundo se deu a coñecer ao comezo desta semana en diferentes medios, Perez de los Cobos, o candidato predilecto de Rajoy para o Tribunal de Dereitos Humanos, tería sacado un cero na avaliación da súa candidatura.
A razón desa nota tan baixa parece ser unha pequena confusión do maxistrado, pois o exmilitante do PP non se decatou de que se estaban dirixindo a el en francés e deu por respostar en inglés.
Fontes do Goberno non se explican cómo puido suceder algo semellante, entenden que o problema non pode estar no maxistrado, senón que a única explicación posible é que os ingleses e os fracenses non saiban falar o seu propio idioma. Citando ó seu gurú intelectual, M.Rajoy: “España es una gran nación y los españoles muy españoles y mucho españoles”.
Pola sua parte a frase “Aiam Paco and ai espik englis verigud’ converteuse en Trending Topic en Twitter ó longo do día de onte. E, ó igual que pasou co famoso “Relaxing cup of café con leche in Plaza Mayor” xa houbo varios artistas que se lanzaron a facer as súas aportacións musicais ao respecto.