Actualidade

Ameazan con expulsar de OT a unha concursante galega por cantar no seu dialecto


A dirección do programa comunicou que está a valorar o sucedido e resolverá nos vindeiros días.

Miriam, a coruñesa que ate o día de hoxe aínda se atopa dentro da casa de Operación Triunfo, podería ter o días contados se se confirma a penalización que a a dirección do centro estuda aplicar por usar un dialecto para ‘vociferar cánticos satánicos proindependentistas e filocomunistas’ durante o día de onte mentres pasaba o tempo coa súa guitarra.

A cantante que mentres se atopaba no salón da casa e como pasatempo interpretaba a canción ‘Tempestades de sal’ da artista María Xosé Silvar (Sés), foi captada polas cámaras de Televisión española, imaxes que rapidamente foron eliminadas, sen éxito xa que foron centos os internautas que xa o estaban a comentar e difundir nas redes sociais.

Deste xeito Miriam expónse agora mesmo a unha sanción que podería acarrear a súa expulsión debido á férrea disciplina e normas do concurso, que prohiben ante todo o uso de dialectos ou variantes lingüísticas que non sexa o español oficial determinado pola RAE.

As redes sociais son a estas horas un fervedoiro no que, de confirmarse a expulsión solicitan que sexa a CRTVG quen actúe con celeridade para ppder incorporar a Miriam á seccion de recanteiros do Lúar, onde poderá demostrar todo o seu potencial artístico.

Aquí vos deixamos o intre no que Miriam se lanza co galego:

25 thoughts on “Ameazan con expulsar de OT a unha concursante galega por cantar no seu dialecto

  1. “‘Tempos Galegos’ é un xornal, magazine, revista e blogue satírico, retranqueiro que ten coma finalidade única o entretemento. Todo o contido é ficción e non se corresponde coa realidade . Todas as referencias, nomes, marcas ou institucións que poidan ser mencionados nesta web son utilizados como elementos contextuais, como en calquera novela ou unha historia ficticia.”


    https://polldaddy.com/js/rating/rating.js

  2. Que es una noticia FALSA! Que es una web de noticias satíricas relacionadas con el gallego. Leed el resto de noticias… cómo entra la gente al trapo… que indignacion acumulada…jajaja… un poco de humor no viene mal, y no enfadarse a la mínima…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.