Máis dun milleiro de descententes de reis, condes e marqueses desembarcan en Mallorca nun so día. Ter unha familia real xunto coa inminente aprobación dos presupostos do estado que asigna case oito millóns de euros á familia real está a provocar un efecto chamada entre aristócratas e xente de sangue azul de todo o mundo … Seguir lendo
Category Archives: Actualidade
A España váiselle das mans a cortina de fume por Urdangarín
A inminente entrada en prisión do cuñado do rei desata un tifón de merda nos noticiarios do estado. Todo comezaba o pasado martes cando tras unha presunta chamda telefónica da Casa Real ao Florentino Pérez, este iniciaba a operación “Fumata Branca” que non sería outra cousa que unha cortina de fume para tentar tapar o … Seguir lendo
MeteoGalicia informa que este ano o verán caerá en xoves
Decepción xeralizada entre os galegos porque non caia en fin de semana. Segundo avanzaron os meteorólogos da Xunta este ano o verán caerá en día laborable, concretamente vai ser un xoves con unha diferencia de dúas horas arriba ou abaixo. Isto soamente faría desprazar o verán entre as 22:00 do mércores ou as 2:00 do … Seguir lendo
Filtrada conversa entre a concelleira de seguridade cidadá e o alcalde da Coruña.
Rocío Fraga bromea co alcalde con virse arriba e desaloxar Meirás. Un pantallazo de galegram filtrado nas últimas horas ven de sacar á luz a conversa entre Rocío Fraga, concelleira de igualdade e seguridade cidadá, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. Nesta conversa, á que tivo acceso Tempos Galegos, móstrase de xeito distendido, cómo … Seguir lendo
Cancelan DiarioCultural e no seu lugar porán a Feijóo falando portugués en bucle
Desaparece un dos programa de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Na xornada de onte deuse a coñecer o contido da xuntanza do Comité Intercentros no que a CRTVG presentou a nova programación da Radio Galega. A principal novidade sería a eliminación do emblemático programa “O diario cultural” e a súa sustitución por un sketch ónde … Seguir lendo
A revisión dos delitos de agresión sexual faráa Forocoches.
A decisión chega despois da polémica sentenza da Manada. O Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, ven de anunciar en rolda de prensa a decisión tomada polo Goberno central: a creación dunha comisión que revise o título VIII do código penal no referente ós delitos de abuso e agresión sexual. A comisión estará conformada por destacados … Seguir lendo
Trabúcanse e festexan o 25 de Abril con puntas
As persoas organizadoras confunden os tradicionais cravos da revolta con puntas para cravar na madeira. A xornada de onte foi moi movida no municipio de Tui, ónde o concello decidiu organizar unha festa en conmemoración do 25 de abril, todo un guiño ó país veciño. Sen embargo, un erro lingüístico levou á que se confundisen … Seguir lendo
Centos de parellas de Lugo aproveitan a pinar no coche antes da prohibición
‘Hai que aproveitar mentres se poida’, comentou un cidadán ao ser preguntado. As rúas e os coches de Lugo rebosan amor xa que, segundo denuncian veciños de Lugo, hai un grande número de parellas que está a aproveitar que a prohibición aínda non está en vigor para fochicar no coche. ‘Ir a Outeiro de Rei … Seguir lendo
Pánico entre os veciños de Compostela polo avistamento dun disco ardente no ceo
Dous hipsters rubios entraron en combustión tras ser alcanzados pola luz do obxecto. A veciñanza de Compostela espertou hoxe entre o temor e o pánico tras comprobar que había un disco ardente no ceo que causou o desconcerto e o medo de centos de persoas. Durante as primeiras horas do avistamennte foron numerosas as chamadas … Seguir lendo
O Sergas instala fontes e estanques ornamentais nos hospitais
Parecen pingueiras pola chuvia pero en realidade trátase de fontes ornamentais reiki que alinean o chi dos pacientes A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha … Seguir lendo