Actualidade

Escándalo na industria vegana tras a visita de Jordi Évole a unha explotación de apio


O próximo Salvados denunciará malas prácticas no sector agrícola que teme un retraemento económico tras coñecerse os seus segredos.

O sector da agricultura vegana está a tremer despois do anuncio da inminente emisión dun novo programa de Salvados no que o xornalista Jordi Évole analizará as sombras do sector vegano no estado Español.

Desgarradoras imaxes dun exemplar mutilado

No programa poderase ver como o presentador, acompañado de varios activistas, se cola nas instalacións dunha prantación de apio e noutra de soia para comprobar o seu estado.

No avance do programa ao que tivemos acceso podemos ver que as prantas están en moi mal estado e apiñadas convivindo en centímetros cadrados sen respectar o espazo mínimo legal. O programa denuncia ademais que as sementes son separadas dos seus proxenitores nada máis nacer sen que haxa sequera contacto durante os primeiros días de vida.

As condicións de sacrificio das prantas tamén son tratadas na reportaxe. “Es un horror. Les arrancan la vida sin siquiera aturdirlas. Son innumerables los casos de descuartizamento sin la más mínima anestesia. Las parten en dos sin ningún tipo de contemplanciones. Podemos ver restos de plantas diseminados por toda la explotación. El panorama es dantesco”, indican.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.