A súa función será a de facilitar a entrada do camión no campo da festa.
As estreitas estradas e camiños rurais de Galicia dificultan a chegada da Panorama a moitos recunchos do país. Para paliar este problema, a coñecida orquestra incorporará nos próximos días unha brigada de desbroce que, armada con motoserras e incluso unha bola de demolición, fará sitio ao camión da Panorama.
Se hai que talar árbores, xestas ou chimpas hórreos ou casas no rural non terán problema en que a orquestra chegue ao campo da festa máis remoto así estea no medio da comunidade de montes.
Ofecerán ademais un servizo de conversión en leña da madeira cortada que será repartida gratutitamente entre os asistentes ao espectáculo. Da mesma maneira, se teñen que derrubar un edificio protexido ou un hórreo ou canastro que sexa patrimonio ofrecerán un servizo de traslado das pedras máis senlleiras ás fincas dos veciños máis pudientes se ben especifican, neste caso, que sempre que lles cadre no camiño de volta se non as pedras serán deixadas no cruce máis próximo ao chalé en cuestión.