Donald Trump pide substituír o Black Friday polo White Saturday
Actualidade

Donald Trump pide substituír o Black Friday polo White Saturday

O presidente norteamericano quere facer un guiño os seus electores despois da debacle que sufriu nas eleccións de metade do mandato. A derrota electoral sufrida por Donald Trump nas elección do congreso provocou que as cousas comecen a moverse no entorno do líder republicano. Tanto el como os seus asesores máis próximos teñen previsto reactivar … Seguir lendo

Chaman a revisión a milleiros de konas
Actualidade

Chaman a revisión a milleiros de konas

“Andaban demasiado quentes”, indicaron fontes da compañía. Trala polémica xerada debido aos incendios aleatorios producidos en certos modelos da súa marca, Hyundai decide revisar os Kona como medida preventiva. A cantidade de vehículos Hyundai e Kia incendiados inesperadamente na Bahía de Tampa fai que as compañías soliciten a retirada de tres millóns destes coches. Centos … Seguir lendo

Mercedes lanza o primeiro coche sen intermitentes
Actualidade

Mercedes lanza o primeiro coche sen intermitentes

“Total p’a qué”, indicou o CEO da compañía alemá. Daimler AG, compañía matriz da Mercedes, ven de anunciar o lanzamento do primeiro coche sen intermitentes do mundo. “Os nosos clientes era o que demandaban”, explicaron na comparecencia na que presentaron o novo modelo. “Non querían nin híbridos nin eléctricos simplemente pensan que os intermitentes sobran”, … Seguir lendo

A Universidade Rei Juan Carlos detecta centos de teses que comezan por Lorem ipsum
Actualidade

A Universidade Rei Juan Carlos detecta centos de teses que comezan por Lorem ipsum

As teses poderían corresponder a cargos dun partido conservador que tivo responsabilidades de goberno ata hai pouco Na Universidade Rei Juan Carlos no gañan para desgustos e vense de coñecer que hai centos de teses que comezan por Lorem ipsum o que fai temer aos seus responsábeis que os doutorados que obtiveron o seu título … Seguir lendo

Casado abandona a política para dar clases de técnicas de estudo
Actualidade

Casado abandona a política para dar clases de técnicas de estudo

O xerarca nacional-católico anunciou hoxe a súa retirada do campo político para pasar a exercer coma mestre privado, aproveitando a súa experiencia para axudar aos estudantes a rematar con éxito e rapidez os seus estudos. O xa ex-secretario xeral afirmou en declaracións aos medios que “Na miña nova etapa profesional calculo que os meus ingresos … Seguir lendo

Supremacistas galaicos sairán á rúa para reivindicar a auténtica raza galega
Actualidade

Supremacistas galaicos sairán á rúa para reivindicar a auténtica raza galega

Prevese que a asociación “Cabeleiras loiras pola liberación nacional” encabece a manifestación do 25 de Xullo O 25 de xullo é considerado o día nacional de Galicia dende que así se decidíu na Asemblea das Irmandades da Fala en 1919. Esta data tamén é coñecida como o día de Galicia, día da patria, ou máis … Seguir lendo

Feijóo desvela, mediante a produtora de Piqué, que se queda en Galiza
Actualidade

Feijóo desvela, mediante a produtora de Piqué, que se queda en Galiza

O presidente da Xunta repasa nun corto as últimas semanas ata tomar “A decisión”. Unha vez máis o futbolista catalán, Gerard Piqué, atópase no medio do lío e a polémica. Se hai unhas semanas a súa produtora estreaba o primeiro episodio de #LaDecisión, co futbolista do Atlético de Madrid, Antoine Griezmann, desta volta #LaDecisión centrase … Seguir lendo