Actualidade

Supremacistas galaicos sairán á rúa para reivindicar a auténtica raza galega


Prevese que a asociación “Cabeleiras loiras pola liberación nacional” encabece a manifestación do 25 de Xullo

O 25 de xullo é considerado o día nacional de Galicia dende que así se decidíu na Asemblea das Irmandades da Fala en 1919. Esta data tamén é coñecida como o día de Galicia, día da patria, ou máis recentemente, día da matria galega. Dende entón é habitual ver marchar a supremacistas galegos embalendoirados con estreleiras e berrando consignas acerca da destrución de España e o alzamento e descolonización do pobo galego.

Sen embargo, nunca ata este ano, sairan reivindicando de xeito directo a súa linaxe loira. A pesar da novidade da reivindicación, dende a asociación promotora espérase que, baixo a pancarta “Unión da Raza Galega”, marchen centos de persoas clamando por unha única lingua e unha única cor de pelo.

Esta asociación, de recente creación, non está exenta, cómo ven sendo habitual na política galega, de problemáticas internas. Así, mentres a asociación “Cabeleiras loiras pola liberación nacional” apoiará a convocatoria que finaliza na Praza da Quintana, ónde Isabel Risco estará xestionando o tráfico humano a berro de “inda hai xente saíndo da Alameda”. A asociación “Loiras Cabeleiras pola Liberación Nacional” ten pensado acudir a Vista Alegre e asistir ó karaoke organizado e que, segundo fontes próximas, comezará co temazo do verán de 2015 “Vai chegar a marea”. Pola súa banda, a “Liberación Nacional de Cabeleiras Loiras” acudirá ó parque de galeras. E finalmente a “Nacional Liberación de Cabeleiras Loiras” manifestou nun comunicado a súa intención de apoiar únicamente as mobilizacións do 24, e aproveitou para denunciar a incapacidade das outras tres asociacións de facer algo conxunto.

Así mesmo, faise preciso destacar unha serie de voces críticas contra a aparición de asociacións galegas que defenden unha raza puramente galaica, alegan que a proliferación das mesmas pode estar impulsada dende a sombra pola deputación de Ourense, controlada por Xosé Luis Baltar, amo e señor da provincia, que nos pasados meses desenvolveu a exposición temporumsuevorum, ónde segundo denunciaron algunhas das persoas asistentes, os guías alentaban a revolución e recuperación do reino da Galiza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.