Actualidade

Filtrada conversa entre a concelleira de seguridade cidadá e o alcalde da Coruña.


Rocío Fraga bromea co alcalde con virse arriba e desaloxar Meirás.

Un pantallazo de galegram filtrado nas últimas horas ven de sacar á luz a conversa entre Rocío Fraga, concelleira de igualdade e seguridade cidadá, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. Nesta conversa, á que tivo acceso Tempos Galegos, móstrase de xeito distendido, cómo Rocío Fraga, alias rizlinha nas súas redes sociais, lle propón a Xulio Ferreiro, desaloxar Meirás. Idea que, ante a incredulidade do propio alcalde, a concelleira non tarda en desmentir, asegurando que se trata dunha broma.

Esta conversa xurde tan só horas despois de que o concello da Coruña decidise desaloxar o Centro Social Ocupado A Insumisa para construír no seu lugar un espazo municipal dedicado á mocidade, decisión que provocou un forte rexeitamento do tecido asociativo da cidade, así cómo doutros grupos políticos.

Nas últimas horas o PP ven de confirmar que organizará as súas bases para axudar ó Centro Social Ocupado A Insumisa a resistir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.