Actualidade

A Universidade Rei Juan Carlos detecta centos de teses que comezan por Lorem ipsum


As teses poderían corresponder a cargos dun partido conservador que tivo responsabilidades de goberno ata hai pouco

Na Universidade Rei Juan Carlos no gañan para desgustos e vense de coñecer que hai centos de teses que comezan por Lorem ipsum o que fai temer aos seus responsábeis que os doutorados que obtiveron o seu título tiñan todo tan pechado e seguro que nin se molestaron en plaxiar outras teses.

Nestes días vense de coñecer a a tristemente famosa universidade convalidou títulos de dereito a medio millar de estudantes italianos a cambio de 11.000 euros o que se une a todos os famosos escándalos anteriores como foron os de Cristina Cifuentes ou Pablo Casado.

Non se esclareceu se a tese do líder do Partido Popular puidera estar entre elas pero fontes do partido xa se adiantaron a poñer o parche: “Nuestro líder sabe idiomas. El latín es importante para un licenciado en derecho ya que muchas leyes utilizan esos términos”, declararon.

Responsables da URJC xa adiantaron que detectar este tipo de teses facíaselles dificil xa que os xeradores de texto automáticos cada día era máis avanzados e, a veces, non utilizan as mesmas palabras. Pola súa banda, un grupo de alumnos da universidade, xa se apresurou a presentar as súas teses mediante fotocopias do Marca para ver se cola e non teñen que pasar o calvario dun proceso de doutoramento tortuoso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.