Actualidade

Chaman a revisión a milleiros de konas


“Andaban demasiado quentes”, indicaron fontes da compañía.

Trala polémica xerada debido aos incendios aleatorios producidos en certos modelos da súa marca, Hyundai decide revisar os Kona como medida preventiva.

A cantidade de vehículos Hyundai e Kia incendiados inesperadamente na Bahía de Tampa fai que as compañías soliciten a retirada de tres millóns destes coches.

Centos de condutores denunciaron a situación tras ser testemuñas de cómo sen colisionar nin ter ningún percance, os seus vehículos sufrían unha combustión espontánea que os deixaba totalmente calcinados.

Un voceiro de Hyundai Motor America asegurou que “o único defecto que causou estes incendios sen colisión é un que Hyundai xa identificou en dous episodios anteriores: un en 2015 cando tivo que retirar Sonatas dos anos 2011 e 2012 e outro cando retirou modelos Sonata e Santa Fe Sports dos anos 2013 e 2014 por problemas similares”.

Ante dita situación e os antecedentes de certos modelos de automóbiles da compañía, e teméndose que os Kona tamén puideran quecer de mais, dende a compañía decidiron revisalos como medida preventiva, garantindo así aos usuarios unha total fiabilidade dos seus modelos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.