Un grupo de vigueses que se identificaron como de Galicia Bilingüe rematan lonxe da turística localidade por ser incapacez de pronunciar o nome en galego.
Un grupo de vigueses que soe veranear por Andalucía viuse na necesidade de acudir a Sanxenso para a recollida de sinaturas que organizaba a plataforma Hablemos Español, herdeira da Galicia Bilingüe de Gloria Lago. A pesar de estar a escalos quilómetros da súa localidade, polo costume de acudir ao sur de España, non coñecían ben o camiño á turística localidade galega e, tras inmiscuirse por algunha estrada provincial e comarcal, atopáronse perdidos e comezaron a preguntar pola vila.
O grupiño en cuestión seguía a dirección correcta pero ao ver un indicador que indicaba o camiño a Sanxenxo deduciu que non podía ser por aí xa que esa localidade non era a que buscaban e decidiron preguntar a un paisano que atoparon camiñando pola estrada: “Disculpe, aborigen, podría indicarnos la ruta a Sangenjo”, preguntaron. Segundo relataron fontes da Garda Civil foron mandados ao medio dun eucaliptal do que non daban saído e tiveron que ser rescatados por unha brigada da benemérita.
“Éche xente que non che está acostumada ao rural. Metéronse nunha comarcal, preguntaron, non lles entenderon e mandáronos para arriba e acabaron no medio do monte”, indicaron fontes do corpo.