A eliminación da cebola da tortilla de Betanzos fai que non poida chamarse tortilla e pase a ser denominada ‘patacas rebozadas de Betanzos’.
O histórico concurso que se celebrou en Betanzos modificou o seu regulamento para deixar fóra ás tortillas que leven cebola o que provocou unha grande reacción ao largo do país e son moitas a reaccións que se sucederon. “É un golpe de estado. Deberan xulgar aos organizadores por sedición!”, exclamaba un exaltado procebolista.
“A cebola remóntase ao anos 3500 antes de Cristo e os organizadores do concurso din que queren respectar a tradición. Cal? A do paleolítico?”, argumentaba outro pro cebola.
Expertos cociñeiros de tortilla indican que para poder chamarlle tortilla a un prato este debe ter: ovo, patacas, cebola, aceite e sal. Se falta algún ingrediente non se podería chamar por tal nome sería en todo caso “patacas rebozadas ou, no caso de Betanzos, sopa de ovo e patacas” pasando a deixar de ser considerada un prato a ser tida en conta como caldo ou consomé.
“É como se se fai un concurso de salsa ali-oli e prohíben botarlle allo”, comentaba outro participante excluído do evento.
Pola súa banda, os anticebolistas amosan a súa satisfacción pola decisión do certame: “É unha aberración botarlle cebola á tortilla, chegaríamos ao punto de botarlla á ensalada ou aos guisos. Que sería o próximo? Chourizo de cebola?”, manifestaron con alegría.