A inminente entrada en prisión do cuñado do rei desata un tifón de merda nos noticiarios do estado.
Todo comezaba o pasado martes cando tras unha presunta chamda telefónica da Casa Real ao Florentino Pérez, este iniciaba a operación “Fumata Branca” que non sería outra cousa que unha cortina de fume para tentar tapar o escándalo de que un membro da Casa Real entre en prisión.
A operación que nun primeiro mento consistiría no fichaxe inesperado por parte do Real Madrid dun adestrador de renome, pero co que ninguén contaba e que estes se tratase nin máis nin menos de Julen Lopetegui, actual adestrador da selección española de fútbol.
A circunstancia de que a selección española estivese a tan só dous días de comezar a súa participación no Mundial de fútbol disputado en Rusia encendeu todas as alarmas, que acabarían coa destitución de Lopetegui na mañá de onte.
Ante tal despropósito, e coa inminente caída do adestrador español, lánzase á desesperada unha segunda cortina de fume para tapar ámbalas dúas informacións que consisitiría no fraude por parte do Ministro de Cultura e Deportes, Máxim Huerta, no pago dos seus impostos, que finalmente, na tarde de onte acaba coa dimisión do Ministro tan só 6 días despois de tomar posesión do seu cargo.
A pesar de que esta última información chega a todos informativos non é quen por si só de atraer toda a expectación causada polo caso Lopetegui, aínda que si é certo, que o conxunto das duas cortinas de fume a Casa Real foi quen de evitar que se fálase de Iñaki Urdangarín, salvando unha vez máis esta crise institucional.