Máis dun milleiro de descententes de reis, condes e marqueses desembarcan en Mallorca nun so día.
Ter unha familia real xunto coa inminente aprobación dos presupostos do estado que asigna case oito millóns de euros á familia real está a provocar un efecto chamada entre aristócratas e xente de sangue azul de todo o mundo que chegan cos seus iates ás nosas costas coa esperanza de vivir das subvencións públicas.
Nas redes xa se sucederon reaccións en contra do acollemento con respostas do tipo ‘Se tanto vos gustan os reis metédeos na vosa casa’. Mentres que outros indicaban que o efecto chamada extenderíase moito máis alá da aristocracia e que chegaría a outros sectores. Deste xeito poderíase extender a directivos da banca e xestores de autoestradas debido ás distintas axudas e rescates públicos. ‘Esta xente conta con iates e gustos caros e vainos tocar mantelos a todos. Ademais tratan ás súas mulleres como obxectos e non podemos permitir que os seus costumes bárbaros se instauren no noso país’, indican fontes das organización contrarias ás chegadas.
Aristócratas sen fronteiras xa criticou esas declaracións e reclamou acoller ‘menos populacho y más aristocracia’.