O xerarca nacional-católico anunciou hoxe a súa retirada do campo político para pasar a exercer coma mestre privado, aproveitando a súa experiencia para axudar aos estudantes a rematar con éxito e rapidez os seus estudos.
O xa ex-secretario xeral afirmou en declaracións aos medios que “Na miña nova etapa profesional calculo que os meus ingresos se multiplicarán entre dez e catorce veces respecto ao escaso soldo que recibía ata agora, así que retírome da política. Recoñezo que me entristece ter que tomar esta decisión, posto que non entrei en política para forrarme, se non polos meus ideais: a defensa da democracia, a expulsión de moracos e catalufos e a privatización do Todo. Pero tamén sei que outras persoas tan preparadas coma min, coma Albert Rivera e Pedro Sánchez, continuarán defendendo con tesón estes ideais”.