Decepción xeralizada entre os galegos porque non caia en fin de semana.
Segundo avanzaron os meteorólogos da Xunta este ano o verán caerá en día laborable, concretamente vai ser un xoves con unha diferencia de dúas horas arriba ou abaixo. Isto soamente faría desprazar o verán entre as 22:00 do mércores ou as 2:00 do venres sen solución de continuidade.
Para manter a expectativa aínda non desvelaron o día para desesperación de empregados públicos e persoal da banca que esperaban ansiosos que xe anunciara unha data concreta para apresurarse a pedir o día.
Dende as redes sociais xa se avanzou rumoroloxía sobre o asunto e apuntan que este ano o día de verán pode caer cedo e comezar entre a semana que ven e a próxima e recomendan aos seus seguidores que revisen os móbiles para sacar todos os selfies que poidan para así ter un bo stock para utilizar durante os meses de xullo e agosto e ir dando envexa a seguidores e amigos.