Chaman a revisión a milleiros de konas

“Andaban demasiado quentes”, indicaron fontes da compañía. Trala polémica xerada debido aos incendios aleatorios producidos en certos modelos da súa marca, Hyundai decide revisar os Kona como medida preventiva. A cantidade de vehículos Hyundai e Kia incendiados inesperadamente na Bahía de Tampa fai que as compañías soliciten a retirada de tres millóns destes coches. Centos…

A tortilla de Betanzos pasará a denominarse ‘patacas rebozadas’

A eliminación da cebola da tortilla de Betanzos fai que non poida chamarse tortilla e pase a ser denominada ‘patacas rebozadas de Betanzos’. O histórico concurso que se celebrou en Betanzos modificou o seu regulamento para deixar fóra ás tortillas que leven cebola o que provocou unha grande reacción ao largo do país e son…

Mercedes lanza o primeiro coche sen intermitentes

“Total p’a qué”, indicou o CEO da compañía alemá. Daimler AG, compañía matriz da Mercedes, ven de anunciar o lanzamento do primeiro coche sen intermitentes do mundo. “Os nosos clientes era o que demandaban”, explicaron na comparecencia na que presentaron o novo modelo. “Non querían nin híbridos nin eléctricos simplemente pensan que os intermitentes sobran”,…

Preguntan por Sangenjo e acaban a tomar polo cu

Un grupo de vigueses que se identificaron como de Galicia Bilingüe rematan lonxe da turística localidade por ser incapacez de pronunciar o nome en galego. Un grupo de vigueses que soe veranear por Andalucía viuse na necesidade de acudir a Sanxenso para a recollida de sinaturas que organizaba a plataforma Hablemos Español, herdeira da Galicia…

Casado abandona a política para dar clases de técnicas de estudo

O xerarca nacional-católico anunciou hoxe a súa retirada do campo político para pasar a exercer coma mestre privado, aproveitando a súa experiencia para axudar aos estudantes a rematar con éxito e rapidez os seus estudos. O xa ex-secretario xeral afirmou en declaracións aos medios que “Na miña nova etapa profesional calculo que os meus ingresos…

Feijóo desvela, mediante a produtora de Piqué, que se queda en Galiza

O presidente da Xunta repasa nun corto as últimas semanas ata tomar “A decisión”. Unha vez máis o futbolista catalán, Gerard Piqué, atópase no medio do lío e a polémica. Se hai unhas semanas a súa produtora estreaba o primeiro episodio de #LaDecisión, co futbolista do Atlético de Madrid, Antoine Griezmann, desta volta #LaDecisión centrase…

España afronta unha avalancha de aristócratas polo efecto chamada

Máis dun milleiro de descententes de reis, condes e marqueses desembarcan en Mallorca nun so día. Ter unha familia real xunto coa inminente aprobación dos presupostos do estado que asigna case oito millóns de euros á familia real está a provocar un efecto chamada entre aristócratas e xente de sangue azul de todo o mundo…

A España váiselle das mans a cortina de fume por Urdangarín

A inminente entrada en prisión do cuñado do rei desata un tifón de merda nos noticiarios do estado. Todo comezaba o pasado martes cando tras unha presunta chamda telefónica da Casa Real ao Florentino Pérez, este iniciaba a operación “Fumata Branca” que non sería outra cousa que unha cortina de fume para tentar tapar o…

MeteoGalicia informa que este ano o verán caerá en xoves

Decepción xeralizada entre os galegos porque non caia en fin de semana. Segundo avanzaron os meteorólogos da Xunta este ano o verán caerá en día laborable, concretamente vai ser un xoves con unha diferencia de dúas horas arriba ou abaixo. Isto soamente faría desprazar o verán entre as 22:00 do mércores ou as 2:00 do…