Política

Pachi Vázquez candidato do PSdeG-PSOE a alcaldía de Ourense


O político Pachi Vázquez, exsecretario xeral do PSdeG-PSOE, exalcalde do Carballiño e deputado no parlamento galego vai ser finalmente o candidato do sector “pachista” a alcaldía da cidade das Burgas.

Pachi Vázquez durante a rolda de prensa esta mañá

Pachi Vázquez durante a rolda de prensa esta mañá

O conflito polo control da PSdeG-PSOE en Ourense das últimas semanas acabou por precipitar a presentación da candidatura que xa comezaba a tomar forma desde a imputación e posterior dimisión do ate entón rexedor da cidade, Francisco Rodríguez, “O noso Paco”. Paquiño anunciaba a súa renuncia hai xa ano e medio declarándose inocente perante as imputacións dentro da trama Pokémon.

Durante a rolda de prensa que se levou a cabo esta mañá, Pachi atacaba duramente aos membros do goberno local socialista, que finalmente acabaron por cargarse aos seguidores do deputado galego, e excandidato á Xunta de Galiza, que formaban parte da goberno local.

Pachi enfrontarase así ao actual alcalde Agustín Fernández polo trono da alcaldía de Ourense, os que a súa vez terán revalidar o cargo sen, a priori, o apoio do Bloque e ante ante un Partido Popular crecido na cidade. Do mesmo xeito a posible irrupción de Anova ou os xa concelleiros de Democracia Ourensana parecen abrir un interesante panorama de cara as elección municipais de 2015.

Mentres tanto as concelleiras díscolas Susana Bayo e María Devesa así como a deputada galega María Quintas perfílanse como  persoas fortes da candidatura do sector crítico no PSOE de Ourense.

Por outra banda e segundo a información recollida por TemposGalegos no sector “paquista” vislúmbranse a Áurea Soto e José Angel Vazquez Barquero como principais apoios do actual alcalde.

Pachistas e paquistas concordan nunha cousa: en acelerar os trámites de escolla do número 1 do PSOE en Ourense visando que a organización volte a ter unha cabeza visíbel e lexitimada por toda a militancia.

Nas súas declaracións a TemposGalegos, Pachi declárase “marxista-españolista”  e desbota calquer hipótese de fusión do PSOE con Anova, semellando así acalar os rumores de que os concelleiros díscolos puidesen recalar na formación nacionalista. Porén, si manifesta a súa inclinación por que ambos partidos deben ter conversas de cara ao futuro.

Ante as críticas do PP sobre que non reside na cidade, Pachi Vázquez avanzou que tiña previsto solicitar a fusión do Carballiño con Ourense do mesmo xeito que Oza e Cesuras o fixeron hai uns meses e propón solventar a falta de conexión física cunha ponte aérea permanente alugando “por catro duros” o aeroporto sen avións de Castellón e, para as clases menos pudientes, facilitar unha conexión de baixo custe mediante catapultas fabricadas no Parque Tecnolóxico de Galiza. Afirmou que así se lle podería dar uso, por fin, á cidade do transporte de San Cibrao, que sería tamén anexionado pola cidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s