Ciencia

Clonan un diplodocus para facer unha macro-churrascada


Membro de Carnelao pousando cunha costela de diplodocus

Membro de Carnelao pousando cunha costela de diplodocus

A división científica de Carnelao acaba de facer realidade a ensoñación de Spielberg en Parque Xurásico e conseguiron a clonación dun exemplar de diplodocus (xénero dos saurópodos diplodócidos) que habitou no noso país hai uns 150 millóns de anos.

O xenoma foi atopado nun galpón de Chandrexa de Queixa e rapidamente foi remitido ao Centro Científico de Carnelao (CCC) para a súa investigación. Tras uns oito meses de cría anunciaron que vai se vai facer a matanza e toda a carne fai ser destinada a unha macro-churrascada.

Ao evento están invitados os 14 socios fundadores de Carnelao e celebrarase en Trives. Preguntados por este medio se as 30 toneladas que costela que deu o animal non será moito para pouco máis dunha ducia de personas, un dos veteranos fundadores dixo “home, tampouco é tanto…”.

Os voceiro de Carnelao manifestaron que escolleron o diplodocus por “ser o vegano por excelencia do xurásico” xa que, segundo apuntaron, “se queres comer sano cómete un vegano”.

Durante a rolda de prensa apuntaron tamén que este diplodocus non era un diplodocus normal senón que era de raza autóctona: un diplodocus celta, do país, e que foi criado mediante castañas da variedade amarelante traídas directamente dende unha cooperativa de Manzaneda para potenciar o sabor da súa carne.

Malestar pola clonación

A Igrexa católica xa anunciou que este feito transgredía as leis de deus e que a ira do creador ía caer sobre as persoas responsábeis do que calificaron como “aberración científica”. Red Madre pola súa banda criticou o uso de embrións inocentes para a realización desta clonación e o sindicato Manos Limpias xa anunciou unha querella no xulgado por vulnerar as leis do creacionismo que acaba de aprobar o Ministro Wert.

A todas estas críticas tamén se sumou, aínda que por outras razóns, o Restaurante Gerardo de Celeiros, que anunciou a matanza de 100 toneladas de animais variados para servir no menú do día do restaurante. “Ninguén serve máis comida que nós”, proclamou. Con todo e con iso, solicitáronlle un par de ovos ao Centro Científico de Carnelao para aumentar o tamaño do flan que soen ofrecer como postre.

diplodocus carnelao

O diplodocus clonado momentos antes da matanza

One thought on “Clonan un diplodocus para facer unha macro-churrascada

  1. Pingback: O Telexornal informará sobre hortalizas xigantes para contrarrestar as novas sobre recortes | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.