Anunciouno a voceira do goberno na rolda de prensa habitual dos venres.
Soraya Saenz de Santamaría dixo que dende o goberno non vían máis opción para salvar a economía española que recurtar a suma.
Un comité de expertos asesorado por un reputado experto en cálculo elaborou un informe que será engadido á nova Lei de educación para propiciar que todas as sumas se realicen segundo os cálculos do goberno.
‘El PP es infalible, como el Papa de Roma’ engadiu o ministro polo que se algún cálculo non coincide co que facemos é que forzosamente as matemáticas están mal. ‘Por suerte, las matemáticas no son una ciencia exacta. Esto nos permite tener un margen de interpretación’.
Expertos e asesores do ministerio explicaron que levaban tempo aplicando cálculos similares nos ingresos sobre todo nas cifras de ocupados que se trasladan a través da EPA.
Pola súa banda a Secretaria de Estado de Presupostos e Gastos, Marta Fernández Currás, dixo que xa se utilizaba en Galicia cuando ela ‘era Conselleira, Feijoo estaba encantado con él’.
Adaptación do programa escolar
O Ministerio de Educación avanzou que vai colocar a un membro de Novas Xeracións en cada escola para dar o resultado correcto das sumas a alumnos e profesores. Indicou que cada un percibirá un salario de 45.000 euros ao ano o que permitirá aforrar ao Tesouro Público unha cantidade dun gritón de euros.