Actualidade

Manzaneda alza a bandeira do nacionalismo


O punto máis alto de Cabeza de Manzaneda énchese de estreleiras.

Fotografía do cumio de Cabeza de Manzaneda onde ondea as estreleiras

Fotografía do cumio de Cabeza de Manzaneda onde ondean as estreleiras

Tal como foi aprobado no último pleno, nunha moción presentada polo grupo de Anova – Irmandade Nacionalista no Concello de Manzaneda, onde rexentan a alcaldía, o pico de Cabeza de Manzaneda luce agora media ducia de Bandeiras Galegas ou da Patria.

Seis bandeiras estreleiras de diferentes tamaños, unha delas de 23 x 15 m e un peso duns 42 kilos, ondean ás súas anchas nunha das cimas da provincia ourensá nun xesto por “dignificar a patria galega”.

Así o explicaba o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez Estévez, durante o acto de izado das bandeiras galegas,  “Galiza está no máis alto, e agora podémolo afirmar, polo menos nun deles” comentou entre risas.

Nun acto solemne, con lectura de manifesto e co himno galego de fondo, explicouse o porque do feito “estamos fartos de que nos traten coma unha colonia, alén do Padornelo teñen que ver quen manda”.  Rematado o acto e comparada a bandeira máis grande coa que se ergue na praza de Colón en Madrid, David Rodríguez foi claro “Nós temola máis grande”.

O Partido Popular de Manzaneda aproveitou para por o grito no ceo e expresou o seu malestar por “este intento de romper España”, mentres o PSOE limitouse ás declaracións do seu líder en Madrid, “nós somos federalistas, pero non tanto”. Sen representación no concello de Manzaneda, o BNG declarou desde Compostela por medio do seu portavoz Xavier Vence “o verdadeiro nacionalismo lévase no peito, non nas montañas” o mesmo tempo que sinalaba unha cracha da súa solapa.

6 thoughts on “Manzaneda alza a bandeira do nacionalismo

  1. A ver home, e a imaxe é de photoshop e o tema é de coña. Imaxino que os dependentistas madrileños seredes o suficientemente intelixentes para entender o que é o humor, non?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.