Tecnoloxía

Filipe Díez trolléase a si mesmo e provoca a implosión dun servidor de Twitter


filipe

O coñecido blogger político Filipe Díez provocou onte unha implosión na súa conta de twitter ao responderse a si mesmo e contestarse varias veces seguidas.

Segundo informa Twitter o número de respostas e a frecuencia das mesmas fixo saltar polos aires un dos servidores ibéricos da coñecida rede social.

Resultaron danados no incidente a conta de Rafa Cuíña, Millán Fernández e a conta fake @RajaCuinha que tamén estaban involucrados na discusión sobre o comunismo libertario en relación ao programa político de Compromiso por Galicia e as posíbeis interacións con Anova e o BNG.

Os feitos aconteceron cando Filipe Díez fixo unha enquisa no facebook para pedir opinións. Introducíu 25 opcións de resposta a cada cal máis disparatada e iso provocou que alguén llo reprochara a través do twitter e foi precisamente nese momento cando comezou a discusión . Aínda que se foi enfriando co paso do tempo o propio @filipediez rebatíase a si mesmo á vez que porfiaba nos seus propios argumentos. A cadea de mencións fíxose exponencial e recursiva o que provocou que implosionara un dos servidores de Twitter.

Danos colaterais

Segundo informa a empresa provocou danos colaterais nos perfís de @millanfernandez e, a consecuencia do estoupido, fusionáronse as contas de Rafa Cuiña (@Rafiklalin) e de @RajaCuinha convertíndose na primeira conta con doble personalidade cibernética. Aínda non se sabe ben cal é a personalidade dominante e, polos chíos publicados, os psicólogos din que se tardarán anos en sabelo.

2 thoughts on “Filipe Díez trolléase a si mesmo e provoca a implosión dun servidor de Twitter

  1. Pingback: Filipe Díez anuncia unha ofensiva troll para os últimos días de campaña | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.