Actualidade

Tempos Galegos contrata o equipo de Intereconomía para a redacción das noticias


Os axustes económicos en materia de emprego chegan tamén a nosa redacción.

A partires da próxima semana, comezaran a traballar en Tempos Galegos, procedentes da Illa de Tambo, o novo equipo de redactores, cos cales buscaremos darlle un toque de calidade as nosas novas.

Macacos aclimatándose aos seus novos postos de traballo.

Macacos aclimatándose aos seus novos postos de traballo.

Despois dunha complicada busca e rebusca de perfís idóneos para o noso xornal, por fin temos aos candidatos perfectos, un equipo de monos amestrados que subcontrataremos en réxime de media xornada para que aporten unha nova visión e frescura da actualidade do noso país.

Dentro da selección de aspirantes primates para o noso proxecto barallamos nomes de diarios de prestixio como ABC ou LaRazón, incluso chegando a contactar co equipo de comunicación do Partido Popular de Galiza, pero foi o ERE de Intereconomía e o peche do xornal La Gaceta quen finalmente nos proveerá da man de obra que precisamos.

E recordade:

“O noso progreso é coma un faro, como unha voz nesta rexión que se chama Galiza, hoxe”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.