O suceso tivo lugar no local da Troita Armada en Santiago de Compostela onde houbo unha xuntanza de varios grupos nacionalistas para a realización dun manifesto contra a corrupción en Compostela.
Segundo nos informaron, aos 10 minutos de comezar a xuntanza iniciouse a discusión sobre a norma do manifesto e alongouse durante 96 horas nas que os participantes nin comeron nin beberon nada. Sete persoas máis xa foron dadas de alta despois de recibir tratamento polas feridas na gorxa que sufriron despois de estar falando e berrando durante máis de tres días.
A discusión recrudeceuse despois de que un grupo de persoas, no segundo día de discusión, introducira a posibilidade de que, como solución intermedia, se utilizasen o acordo sobre mínimos ortográficos dos anos 90. Todo rematou sobre as 18:30 horas do día de onte , pasadas 96 horas dende que se iniciara a asemblea, momento no que chegou un militante que abandonara a xuntanza dous días antes e, fresco como unha leituga, fixo unha proposta de resolución para redactar o comunicado en occitano. A protosta obtivo un voto a favor e ningún en contra dado que o resto das persoas estaban en avanzado estado de deshidratación e inanición.
Reacción do Partido Popular
Segundo informan testemuñas presenciais, varios militantes do PP colocaron cadeiras plegábeis na porta que alugaban aos peóns para que viran o espectáculo. Fontes de Novas Generaciones indican que recadaron 2.000 euros en palomitas durante o evento e manifestaron que parte dos cartos serán doados á asociación Galicia Bilingüe e outra parte serán entregados nun sobre ao tesoureiro do PP.