Política

Mensaxes subliminais condicionan ao BNG na toma de decisións de cara ás europeas


Informadores de Tempos Galegos en Compostela afirman coñecer porque o Consello Nacional do BNG decidiu tomar parte nunha hipotetica coalición co grupo político vasco BilduEH.

Arquivo. Xavier Vence fala despois do pasado Consello Nacional Do Bloque

Xavier Vence falando despois do Consello Nacional do Bloque, o pasado sábado.

Diferentes filtracións a tempos galegos confirman que durante as reunións do máximo órgano do partido nacionalista, o Consello Nacional, nas cales se debatía o formato de concurrencia ás eleccións europeas, os sectores máis radicais da formación terían reproducido unha canción cunha frecuencia e lonxitude de onda moi baixa, que sería imperceptíbel para o oído humano, porén afectaría directamente ao cerebro dos congregados deixando así un mensaxe de apoio a formación abertzale.

A canción en cuestión sería un tema do grupo pamplonica Lendakaris Muertos titulado “Simpatía por el de Bildu” no que se relata o ascenso da formación vasca á alcaldía da cidade de Donostia.

Frases como “Pacto entre Zapatero, Otegi y Satán”, “El tren chu chu de alta velocidad pararé” ou “Mis ojos ven el mundo en FullHB” terían causado mella nos cerebros nacionalistas que finalmente se decantarían pola decisión de concurrir na hipotética coalición con BilduEH.

Preguntado polo incidente, Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, afirmaba que “estudarán o caso en profundidade para que non se volva a repetir” e a súa vez pedía “cabeciña” para afrontar con calma e unidos os próximos comicios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.