Cultura

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo


O conselleiro de Cultura sentenciou que ‘nestes tempos austeros por que non imos poder restaurar a Catedral de Santiago con Uralita ou meterlle un pouco de bloque a muralla de Lugo’

Representantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña compareceron onte en rolda de prensa para anunciar un novo Grao en Feísmo. Os reponsábeis da escola agardan que teña grande éxito entre o alumnado e que poida mellorar e uniformar o rural galego. O director da escola anunciou que o obxectivo do novo grao era facer do Carballiño o modelo a seguir e que os novos graduados poderán aplicar ese modelo en todas as cidades e vilas de Galicia.

Á presentación acudiu o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Conselleira de Facenda que indicou que este novo grao era ‘unha oportunidade única nos momentos da austeridade’. Pola súa banda, Jesús Vázquez, comentou que ‘nestes tempos austeros por que non imos poder restaurar a Catedral de Santiago con Uralita ou meterlle un pouco de bloque a muralla de Lugo’.

A uralita e o somier como elementos distintivos da arquitectura tradicional galega

O novo plan de estudos que inclúe materias como ‘Somier: o elemento modular que non se vende en Ikea’, ‘Uralita: a silicose é o de menos’ ou ‘O bloque de cemento: pega ben con todo’ estará rematado ao longo deste curso e prevese que as matrículas xa poidan comezar o mes de xuño.

One thought on “A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo

  1. Pingback: A diócese planea substituír unha torre da Catedral de Santiago por un hotel de luxo | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.