Baltasar Garzón moi anoxado decidía así tomarse a xustiza pola man.
Despois de que esta mañá unha vintena de mozas e mozos, a gran maioría membros da comunidade estudantil compostelá, dificultaran e practicamente impediran que se desenvolvese con normalidade a charla que Baltasar Garzón tiña programada na Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Vida de Santiago, o exmaxistrado visibelmente enfadado explicaba ante os medios que a cousa non quedaría así.
Desde o comezo da súa intervención os independentistas gritaron consignas contra o xurista chamándolle «fascista» e «torturador» e impedindo que se escoitasen as súas palabras a golpe de megáfono. Chegados a este punto o ex xuíz da Audiencia Nacional decidía erguerse e marchar non sen antes deixar claro que habería unha contestación a tal feito.
Xa pola tarde, entorno ás 15h, Baltasar Garzón chegaba en coche, desta volta á facultade de Historia, onde militantes da esquerda independentista galega debatían sobre novas cruzadas contra “o españolismo manifesto de Garzón así como as súas actitudes fascistoides e antidemocráticas” aproveitando a visita deste a Galiza. Foi neste momento cando Garzón, megáfono en man irrumpiu na facultade ao grito de “pedidle a ETA que os saque de la cuneta!” e “contadle a Wikileaks lo que la policía os hace aquí!”.
As mozas e mozos galegos en estado de shock ante este boicot á súa asemblea non puideron facer máis que ficar pampos cara o agora avogado de Julien Assange, e esperar a que os gardas de seguridade o calmasen e o sacaran da facultade.

Baltasar Garzón no asento traseiro do seu vehículo antes de rebentar a asemblea independentista
Xa de volta no coche e visibelmente nervioso Garzón dirixíase aos medios explicando que toda acción ten a súa consecuencia, e que se o independentismo galego non admitía a súa presenza no país, esperaba que “las cárceles españolas no hiciesen lo mismo con ellos”, finalmente concluía, “y que no se les caiga el jabón”.
Concluído o altercado e preguntados por Tempos Galegos, os colectivos independentistas galegos coincidían en afirmar que é preciso que “estas actitudes fascistas se queden fóra da Galiza, polo ben de todos”.
Estades de coña…
Pois claro! XD XD
Se deixarades de facer estupideces..