
Imaxe de arquivo de José María Aznar
Esta foi a afirmación categórica que se da desde a Clínica RUBER, onde desde a pasada noite o expresidente do goberno permanece ingresado.
En rolda de prensa o equipo médico encargado do que no seu momento fora un dos bigotes máis valorados, explicaron que se atopan ante unha das chamadas enfermidades raras, sendo un dos pouco casos acontecidos ate o de agora en España. O doutor Antonio Pardo, xefe da equipa que tratará a Aznar afirmou que “si no se ataja a tiempo las ramificaciones poderían llegar al cerebro, porlo que tenemos que actuar con cautela, pero lo antes posible”.
Nos últimos meses, o bigote de José Mari, como gusta de ser chamado, presentaba xa algunhas anomalías, que se ben se atopaban dentro dos estándares, comezaron a preocupar a comunidade científica. Na tarde – noite de onte, o expresidente foi ingresado de urxencia aqueixado dunha intensa dor de cabeza, froito do que ao parecer puideran ser os pelos enquistados que tentan abrirse paso atravesando orificios e porosidades craniais.
Os doutores creen que o conveniente neste casos sería a intervención cirúrxica, na cal por medio das últimas e máis novidosas tecnoloxías se conseguise acceder ao foco do problema, para así ver cal é a gravidade do mesmo.
As placas realizadas ate o de agora non son capaces de mostrar os pelos do bigote do expresidente polo que segundo relata o cadro médico “la intevención será ya, o no será”. Mentres tanto o expresidente continúa sedado á espera de tomar a transcendental decisión de se operar ou non.
Desde Madrid, a súa muller Ana Botella, condenou o que chamou atentado capilar contra o seu marido. Por outra banda excompañeiros de partido e membros da oposición coinciden en que se recupere o antes posíbel xa que “sen el as FAES non serán o mesmo”.
Nas próximas horas informaremos da evolución de José María Aznar. A última hora da tarde espérase unha nova rolda de prensa onde se detallarán polo miúdo todos os detalles.